A Plataforma reuniuse coa conselleira en privado, e a petición do seu departamento, antes da súa comparecencia ante os medios de comunicación. En ningún momento pediu que non convidaran a alcaldesa, María Loureiro. Proba diso é que criticasemos que non estivera nese acto e que considerásemos de deslealdade institucional que non a convidaran, dado que o Concello é a entidade responsable de xestionar a EDAR.
Lembrámoslle á conselleira que esta Plataforma Veciñal non admitiu nunca a presencia de partidos nin de siglas nas reunións que mantivo co seu departamento, co de Augas de Galicia, co Concellode Viveiro e con quen faga falta