Na Plataforma coñecemos o traballo anterior na eurocámara de Ana Miranda, portavoz do Bng en Europa, con respecto da ría de Viveiro, e da súa intención de acercarse ao noso pobo dende o primeiro día das mobilizacións que realizamos.
Unha vez que publicou a súa visita para o venres, inmediatamente despois a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade programou unha reunión con nós sen ter confirmada a nosa asistencia.
Por suposto, e porque a nós o que nos interesa son solucións ás nosas peticións, decidimos asistir á reunión coa conselleira.
Sorprendeunos que a conselleira da Xunta anunciase a licitación das obras de mellora da Edar no día de onte, sen estar nada pubricado no DOGA, e máis cando Miranda confirmou que a comisión europea non ten constancia.
Preocúpanos que este anuncio que fixo a consellería se trate simplemente dun acto eleitoralista, e queremos crer que na próxima semana veremos algo publicado no diario oficial aparte da foto na prensa que xa vimos tod@s no mesmo día. Aproveitamos tamén para expresar a nosa sorpresa pola falta de respecto institucional que mostrou a Xunta ao facer pública a licitación sen contar coa presenza da alcaldesa de Viveiro, parte implicada neste proxecto. Dato que de novo nos fai pensar nun rédito de cara ás eleccións, e por iso nos ratificamos en que imos a estar moi pendentes dos prazos e vixiantes de cada paso!
Temos tamén serias dúbidas de como se vai a desenrolar o segundo proxecto. O do emisario. Tanto da súa demora no tempo coa conseguinte continuidade da desconexión da depuración de Celeiro e Area; da obrigatoriedade e cumprimento do pretratamento das industrias que terá que ser efectivo antes da súa conexión á depuradora; como de que a folla de ruta alternativa que presentou a Xunta pode ser eficaz a curto prazo, pero medo de que se gasten os fondos nun proxecto incompleto e de novo volva a quedar así durante outros 20 anos.
Por todo isto, entre outras cousas, e visto que a presión fai a forza, anunciamos a nosa intención de acompañar a Ana Miranda a Europa e agradecemos a oportunidade que nos da de denunciar públicamente no Parlamento Europeo o que está a acontecer na nosa ría!!
E como dicimos sempre, chegaremos onde haxa que chegar. E este movemento non hai quen o pare!!!
Plataforma Veciñal Pro-Celeiro.