En canto ás cifras de turismo nacional, cómpre sinalar que Viveiro recibiu en xuño un total de 1.988 visitantes; en xullo, 10.973; e en agosto, 13.582. En canto ao lugar de procedencia, cabe sinalar que a maior parte deste turistas proceden de Madrid, Galicia, Castela e León, País Vasco e Asturias, por esta orde.
En canto ás cifras de turismo internacional, cómpre sinalar que en xuño Viveiro recibiu un total de 1.040 visitantes; en xullo, 1485; e en agosto, 29364 visitantes. En canto ao lugar de procedencia, cabe sinalar que a maior parte destes turistas proceden de Francia, Reino Unido, Alemania, Italia e Portugal, por esta orde.
O que máis valoran os turistas que visitan o noso concello son as súas paisaxes, a gastronomía, os monumentos e o medio ambiente. Isto demostra, como vén afirmando o concello, que Viveiro é un destino turístico de calidade, que ofrece ao visitante diversas opcións.
Atendendo ás razóns polas que estes visitantes escolleron Viveiro como destino turístico, cómpre destacar que a gran maioría viñeron ata aquí por amigos e familiares ou por iniciativa propia (é dicir, que escollen esta opción despois valorar outras opcións, sendo coñecedores dos seus recursos e posibilidades). Outros motivos polos que Viveiro foi escollido como destino estival son a información que os propios visitantes atoparon sobre o municipio en internet, por viaxes anteriores, pola a información facilitada noutras oficinas de turismo, pola presenza de información turística de Viveiro en revistas e feiras especializadas e polas reunións con tour operadores nas distintas feiras ás que asistimos.
Segundo a información facilitada polos propios turistas, os sitios máis visitados dentro do noso municipio son o casco histórico, as praias, San Roque, o Souto da Retorta e o Landro, nesta orde.
Cómpre sinalar, finalmente, que a estancia media destes turistas en Viveiro é duns 6-8 días e que o 36% se aloxaron nun hotel, o 24,5 % nun apartamento turístico e o 6,66 € nunha viveda de aluguer.
Dende o Concello de Viveiro valóranse estes datos moi positivamente e considérase que son o froito do intenso traballo que se vén desenvolvendo dende a Concellaría de Turismo para promocionar o noso municipio dentro e fóra das nosas fronteiras. Considérase, ademais, que é tamén determinante a ampla programación lúdica e cultural que se desenvolve ao longo dos meses de xullo e agosto, que constitúe un recurso máis a ter en conta.