Site icon Crónica3.com A Mariña

A Federación de Asociacións de Veciños celebrará o vindeiro domingo a 18 edición do Día do Veciño, que reunirá no Pazo de Feiras de Lugo a unhas 4.000 persoas chegadas de distintos puntos da provincia

Ao longo da xornada haberá un partido de fútbol, actuacións folclóricas e unha mostra de artesanía. Tras o xantar de confraternidade, terá lugar a entrega dos premios V de Veciño, cos que se recoñece a labor dos lucenses na dinamización e promoción da súa comarca e provincia. Entre os galardonados deste ano figura María Loureiro García, Alcaldesa de Viveiro, que asistirá a Lugo para disfrutar da xornada e recoller o premio.

Exit mobile version