Tomé Roca explicou que é “un gran orgullo para nós tervos nesta casa, pois sodes un equipo de referencia e levades o nome da provincia, xa non só a toda España, se non tamén a Europa”.
A Deputación fai publicamente así un merecido recoñecemento á gran labor deportiva e social que desenvolve o Club, o único que conta con equipo feminino e masculino na Primeira División Nacional e que ademais desenvolve un destacado traballo en prol da igualdade de xénero, reflexado na sinatura dun convenio pioneiro en prol dos dereitos laborais e sociais das xogadoras.
Así mesmo, o Presidente felicitou á afección de Burela e a súa entrega co equipo, ao tempo que lle desexou ao Club moitos novos logros na vindeira temporada.