Site icon Crónica3.com A Mariña

A Delegación de Deportes do Concello de Alfoz anuncia que o vindeiro mes de outubro darán comenzo as EDM e as actividades deportivas para adultos

 Alfoz, 24 de setembro, 2019. As EDM incluirán as modalidades de patinaxe, fútbol campo e fútbol sala. Están dirixidas aos rapaces e rapazas de 4 a 16 anos do noso concello. En patinaxe manténense 2 grupos, segundo a idade, que terán clase os venres, en horario de 16.00h a 17.00 e de 17.00h a 18.00h.
Respecto a fútbol as EDM traballan conxuntamente co A.D.Río Ouro, clube de fútbol formado esta tempada cos alumnos e alumnas das EDM de Alfoz e O Valadouro e co que están a competir en distintas categorías. Deste xeito a oferta inclúe as categorías: biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete en fútbol e/o fútbol sala.
As inscripcións entregáronse nos centros educativos de Alfoz para anotarse nas diferentes modalidades elexidas, que se levarán a cabo desde outubro ata maio.
As EDM de Alfoz son gratuitas para os participantes.
No referente aos adultos, continúan a oferta de clases de ioga e ximnasia de mantemento. Tamén desde outubro a maio. Neste caso, os interesados e interesadas deberán acudir ao Concello para cubrir as fichas de inscripción.
As clases de ximnasia de mantemento serán os martes de 19.00h a 20.00h e os xoves de 17.45h a 18.45h. Ioga será os luns e mércores de 18.30h a 19.30h.

Exit mobile version