Foz 30 de agosto de 2019. O Concello de Foz conta cun extraordinario patrimonio natural. Unha grande riqueza ambiental, constituíndo espazos fundamentais de alto valor ecolóxico. Os ecosistemas acuáticos son elementos clave na biodiversidade do seu territorio. Mostra da importancia e riqueza ambiental do noso concello é o feito de contar con lugares de especial importancia ambiental. Así, a Ría de Foz e o río Masma no seu curso po lo concello, están integrados na Rede galega de espazos protexidos e declarada como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e incluída na “Rede Natura 2000”, como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). Está declarada tamén Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA). Tamén o río Ouro foi declarado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e incluído na “Rede Natura 2000”, como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). No mes de outubro, o día 5, celébrase o Día Mundial das Aves, que destacan no noso Concello po la sua presenza variada e de importancia como ven de suliñarse previamente. Para celebrar esta data e durante o mes de setembro a Concellería de Medido Natural do Concello de Foz organiza varias actividades comenzando coa exposición Aves de Galiza. A través desta exposición, o público terá a posibilidade de coñecer as diferentes especies de aves que poden atoparse en Galiza (moitas delas no noso Concello) e os diferentes tipos de hábitats da avifauna. A mostra pretende tamén valorizar os recursos ornitolóxicos galegos e locais e promover o gusto po la observación das aves, así como diversos consellos para aficionarse ao seu estudo e despertar unha actitude positiva cara ao medio natural. Os visitantes realizarán unha primeira aproximación as aves de Galiza para un mellor coñecemento, aprecio e conservación das mesmas, promovendo así dende o Concello a posta en valor do noso patrimonio natural.
A concellería de Medio Ambiente, Patrimonio e Medio Rural do Concello de Foz organiza en setembro a exposición Aves de Galiza no Cenima
A concellería de Medio Ambiente, Patrimonio e Medio Rural do Concello de Foz organiza en setembro a exposición Aves de Galiza no Cenima
Relacionado
-
Unha persoa sufriu diversas queimaduras ao tratar de prender a cheminea con alcohol en Barreiros
-
‘Unha Vela por ti’, con motivo do 25N, en colaboración con Mujeres en Igualdad de Cervo
-
Castiñeira ve “sospeitoso que outro erro do alcalde lle permitira á empresa licitadora alegar por segunda vez a decisión da Corporación Municipal de non seguir co contrato da residencia mentres non estean claras as axudas aos usuarios”