Foz 21 de setembro de 2019. A posta en valor do medio natural, a promoción de hábitos saudabeis , a promoción dun deporte con forte arraigo na mariña de Lugo, todos son obxectivos irrenunciables de calquera administración, e tamén do Concello de Foz. Todas estas apostas son acadadas coa celebración dunha proba que é xa referente n calendario da Federación Galega de piragüismo e que xunta no entorno de 400 padexeiros anualmente durante o veran focego, apuntalando unha oferta deportiva e turistica, que enche o Concello de visitantes. A Travesia vense celebrando ininterrupidamente dende o ano 1962, e celebrou este 25 de agosto a súa LVII edición. Trátase da segunda proba de piragúismo máis antiga de Galicia e a terceira máis antiga do estado, tralo descenso do Sella e o descenso do Miño. Organizada nos ultimos anos po lo Clube Kayak de Foz cun esforzo e resultados a eloxiar, aporta coa súa actividade unha alternativa de deporte saudable e en contacto coa natureza para a xuventude da vila.
A proba acada pois, méritos abondos para ser declarada de interese turístico de Galiza xa que para este obxectivo valoranse positivamente as manifestacións de exaltación de tradicións, cultura, gastronomía, etnografía e os eventos deportivos, xa que son unha demostración da acollida, amabilidade e hospitalidade pola que Galicia é recoñecida no mundo.
O Concello de Foz a traves da Concellaría de Deporte e Xuventude en coordinación coa Concellería de Turismo, para acadar o obxectivo de festa de interese turístico de Galiza, propón no vindeiro pleno do 26 de setembro o inicio oficial dos trámites que permitirán poñer ainda mais en valor unha festa do deporte e de exaltación dos recursos naturais do noso Concello.