Este venres, día 6, ás 19:00 horas inaugurarase unha exposición de pintura de Carmen Prado, titulada Novos Personaxes. A mostra permanecerá no auditorio municipal ata o día 27 de setembro.
O domingo 15 celebrarase o último rastrillo popular solidario deste ano. Terá lugar na praza da Mariña de 10:00 a 15:00 horas. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse chamando á Casa da Xuventude ou ao número 608 158 170.
O sábado 21 o contacontos Caxoto presentará Conto para escoitar mentras bailamos un valse. Será ás 18:00 horas no auditorio municipal e inclúese na campaña Ler conta moito.
O domingo 22 haberá sesión de cine infantil. Dará comezo ás 18:00 horas no auditorio municipal.
O sábado 28 desenvolverase un obradoiro de cartón con Mircromina Teatro de Títeres. Comezará ás 11:30 horas. As prazas son limitadas e as persoas interesadas en asistir poden anotarse na Biblioteca. Tamén o sábado 28 o Mago Richar presentará Tecnoiguais. Será a partir das 18:00 horas. Versa arredor da igualdade e da violencia de xénero e inclúese na campaña Ler conta moito.