En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo.
Sorteo hoxe en Viveiro
No sorteo celebrado hoxe en Viveiro os números premiados foron os seguintes: con 500 euros resultou agraciado o 35.911, que foi repartido en Mesón O Recuncho; e con 100 euros cada un foron premiados o 30.469 en Raquel Seijido, o 7.044 en Albo Zapaterías, o 19.739 en Bar Castilla; o 28.101 en Laboratorio Anferbadent e o 26.942 en Peluquería Últimas Líneas. Desde a FCAM subliñan que “os posuidores das papeletas afortunadas dispoñen dun prazo de 30 días para reclamar e consumir os seus premios”.
Os sorteos terán lugar os luns na sede de cada Acia participante. En Foz a campaña será do 23 ao 29 de setembro e o sorteo celebrarase o 30 en Acia Foz; en Xove desenvolverase do 14 ao 20 de outubro e o sorteo realizarase o día 21 na Aciam; a Burela a campaña chegará do 21 ao 27 de outubro e o sorteo está previsto para o día 28 no CCA burelés; en Ribadeo a campaña será do 28 de outubro ao 3 de novembro e o sorteo farase o 4 en Acisa; en Covas esta campaña da FCAM terá lugar do 4 ao 10 de novembro e o sorteo será o 11 en Beiras de Viveiro; 1.000 motivos para mercar na Mariña será en Lourenzá do 11 ao 17 de novembro e o sorteo efectuarase o 18 na Acia laurentina. A campaña rematará do 18 ao 24 de novembro en O Vicedo, onde o sorteo será o 25 na Acia desta vila.
A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña está organizada pola Federación de Comercio A Mariña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.