A actividade desenvolverase o vindeiro luns, 7 de outubro, en horario de 12:00 a 13:30 horas mediante o sistema de videoconferencia. Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Instituto Galego de Consumo.
Na charla abordaranse os principais conceptos que se deben manexar e ter en conta na contratación, a relación coas compañías de telefonía móbil e os diferentes servizos ofertados por estas, como internet, datos, tipos de tarifas e permanencia, entre outros aspectos. Tamén se afondará nos dereitos en materia de consumo e analizaranse as principais reclamacións de telefonía móbil e internet ademais de como realizar un uso responsable desde o punto de vista do consumo.
As prazas son limitadas e as inscricións pódense facer na propia Aula CeMIT de Ribadeo ou online no enlace reservar praza.