Site icon Crónica3.com A Mariña

56 usuarios e monitores da Asociación de Axúda o Enfermo Mental A Mariña, acompañados pola Directora Técnica Xeral, María José Nóvoa, desprazáronse ata os “Cañóns do Sil” para gozar dun fantástico paseo en catamarán que lles permitiu contemplar unha paisaxe espectacular

Logo dun xantar visitouse a Alfarería Rectoral de Gundivós, onde puideron ver pezas antigas e como é o traballo dentro da alfareiría. Esta actividade enmárcase dentro das visitas culturais orientadas a complementar a rehabilitación psicosocial dos usuarios que permiten coñecer lugares de interés da contorna. Ademáis durante todo o día afianzouse o sentimento de grupo, traballáronse valores como o compañeirismo e ampliáronse coñecementos a nivel cultural. A asociación agradece a colaboración da Deputación de Lugo para que esta viaxe fose posible e, en especial, á Deputada Pilar García Porto.

Exit mobile version