Logo dun xantar visitouse a Alfarería Rectoral de Gundivós, onde puideron ver pezas antigas e como é o traballo dentro da alfareiría. Esta actividade enmárcase dentro das visitas culturais orientadas a complementar a rehabilitación psicosocial dos usuarios que permiten coñecer lugares de interés da contorna. Ademáis durante todo o día afianzouse o sentimento de grupo, traballáronse valores como o compañeirismo e ampliáronse coñecementos a nivel cultural. A asociación agradece a colaboración da Deputación de Lugo para que esta viaxe fose posible e, en especial, á Deputada Pilar García Porto.