Durante a semana previa realizaranse diferentes accións en distintos espazos públicos, entre eles na Biblioteca Municipal, e colocaráse unha placa na casa onde viviu, a edificiación que actualmente alberga a casa do concello.
Con esta programación preténdese recoñecer a figura deste persoeiro ilustre, que desenvolveu unha importante labor como mestre, xornalista e poeta en lingua galega, ademais de ter sido nomeado membro da Real Academia Galega, e que mantivo un vínculo especialmente importante con Viveiro, onde descansa tras o seu falecemento por expreso desexo seu.