O noso obxectivo é tratar de conxugar a vida dos veciños co valor histórico destes achádegos, salvagardando sempre o dereito da xente que vive nesta zona á hora de ter acceso aos servizos dos que desfrutan todos os cervenses, polo que buscamos a compatibilidade de conservar o Castro co curso normal do seu día a día, que non interfira no seu día a día”.
Neste senso, xa encargamos un Plan Especial de Protección do Castro da Atalaia, que xa foi sometido á avaliación ambiental; nestes intres estamos pendientes dos informes pertinentes para a súa aprobación.
A través deste documento delimítase toda a zona afectada polo xacemento (20.000 m2), regúlase a execución das actuacións de recuperación, rehabilitación ou mellora da superficie a preservar; e fíxanse as normas xerais de urbanización e infraestruturas neste ámbito protexido, entre outros aspectos.
O rexedor, na súa intervención recordou que desde o Concello se están a dar os pasos necesarios para preservar toda esta zona, que pasan por derruír o esqueleto da Atalaia e o edificio deshabitado que está ao carón.
Neste senso, recordou que estamos no proceso para declarar en ruína este edificio, e que xa ordenamos a demolición do esqueleto ubicado na Rúa do Faro, de San Ciprián, na zona da Atalaia, agora haberá que esperar o prazos que fixa a Lei para resolver o expediente “pero estamos a dar pasos en firme e seguimos traballando para logar o noso obxectivo, que non é outro que o de recuperar toda esa zona e devolvela ao seu estado orixinal, poñendo en valor o Castro da Atalaia”, que foi inventariado por Patrimonio no ano 2007.
Villares precisou que a intención é que nun futuro tan só se permita o tráfico rodado nesta rúa do Faro aos residentes.