Segundo explican as monitoras de Gaia “foi unha actividade moi divertida e os peques acompañados por monitores descubriron unha nova actividade deportiva que se pode practicar nas praias. O mar estaba moi tranquilo e o sol acompañounos, o que fixo que fose unha mañá perfecta, chea de diversión e novas emocións”.