Este venres rematou o campamento municipal de verán de Viveiro, que comezara o día 11 de xullo. Este servizo prestouse de luns a venres, de 8.30 a 14:00 horas, intentando, deste xeito, facilitar en maior medida a conciliación familiar e laboral durante estes meses estivais. Foron un total de 99 nenos e nenas que puideron gozar das actividades organizadas pola empresa encargada do servizo, e que tentou compatibilizar actividades lúdicas, deportivas e manualidades tanto ó aire libre como no interior das instalacións. A festa do remate celebrouse nas instalacións da piscina municipal onde, por parte da Concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde, se fixo entrega dos diplomas a cada un dos participantes.