Carvalho Calero foi profesor, pedagogo e o primeiro novelista de Posguerra, e a el se lle vai adicar o día das letras galegas o próximo ano.
O profesor e estudoso lugués Xulio Pardo de Neyra fai “unha análise dun Carvalho Calero polígrafo mercé á intervención de Mº Ignacia Ramos, a súa esposa e compañeira. Esta descóbrese como unha das tantas e tantas mulleres silenciadas que, embora, destacaron con luz propia no planisferio das letras dunha Galiza adoito magoada” (tirado da contracapa do libro)