Lugo, 2 de agosto, 2019. A secretaria provincial do Partido Socialista na Provincia de Lugo, Patricia Otero, coordinou cos portavoces e representantes da Executiva Provincial Lucense a nova axenda de traballo do PSdeG-PSOE Lucense. Otero, mantivo o seu primeiro encontro de traballo, este primeiro xoves de agosto pola tarde na Rúa Salmón, nunha xuntanza na que tamén se acordou celebrar as vindeiras sesións ordinarias os segundos luns de cada mes.
Neste encontro de traballo tamén participou o Presidente da Deputación, Jose Tomé Roca; a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, así como os deputados provinciais; Pilar García Porto, Pablo Rivera Capón, Jose Luis Raposo Magdalena e Roberto Fernández, ademais de Alcaldes, voceiros e concelleiros socialistas.