No escrito enviado á Xunta sinalan que “a estrada atopase moi deteriorada, principalmente no inicio, é dicir ao seu paso polo casco urbano, dando unha imaxe impropia da vila”.
Así as cousas os socialistas do Valadouro “lamentan a escasa implicación do Goberno de Feijóo na Mariña, concretamente no Valadouro onde os investimentos do PP brillan pola súa ausencia. Aquí só veñen a pasear e a sacar fotos, e por suposto, a torpedear todos os proxectos de futuro deste Concello como por exemplo a creación do parque empresarial”.
“Queremos vivir e traballar no rural, por iso demandamos boas vias de comunicación. Os veciños e veciñas do Valadouro teñen dereito a investimentos e a proxectos que contribúan a facer medrar o noso Concello”, resumiu Maseda.