Lugo, 20 de agosto de 2019. A secretaria provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero, afirmou hoxe que o único Goberno responsable que esta traballando polo futuro de Alcoa e dos seus traballadores é o Goberno de Pedro Sánchez”. Otero fixo esta afirmación tras coñecer as declaracións do Delegado Territorial da Xunta sobre este asunto.
A secretaria provincial Socialista replica que “o Goberno de Feijóo esta promovendo unha campaña infundada sobre os despidos nesta empresa, cando sabe que por primeira vez dende o ano 2011, hai un Goberno traballando polo futuro deste sector. E que ademais conta cun Ministerio e cunha verdadeira política industrial, que co PP de Feijóo e Rajoy non existía. Un goberno que avanzou seriamente no estatuto para as electrointensivas mentres o goberno de Rajoy non fixera absolutamente nada”, espetou.
“Dende o PSdeG-PSOE vamos a seguir traballando e negociando para que os traballadores de Alcoa teñan un futuro digno. Ante a pasividade do Goberno de Feijóo, Candia e Balseiro neste asunto, os socialistas vamos a seguir loitando para garantir un proxecto estable e viable para toda a Mariña Lucense e para toda Galicia, e por suposto, a carón dos traballadores e das súas familias”, resumiu Otero.