Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas acusan a Balseiro “de botar balóns fora cos problemas dos lucenses”

Lugo, 19 de agosto, 2019. A secretaria provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero, acusou ao Delegado Territorial da Xunta de “botar balóns cos problemas dos lucenses”. Así o dixo tras coñecer as acusacións do responsable autonómico sobre a seguridade na praia das Catedrais.
Otero afirma que “o único proxecto político da axenda de Balseiro é a confrontación co Goberno de Pedro Sánchez, eximindo as súas propias responsabilidades, cando a Administración Autonómica é a responsable de xestionar as entradas neste enclave”, sinalou.
“Balseiro esta máis preocupado en buscar confrontación co Goberno de Sánchez, que de atopar solucións aos problemas dos lucenses. Para o único que serve o cargo de Delegado Territorial da Xunta é para botar balóns fora dos problemas dos veciños da provincia”, dixo a secretaria provincial socialista.
“Prégolle ao Señor Balseiro que se adique a impulsar iniciativas e propostas que contribúan a mellorar a calidade de vida de todos os lucenses”. E insistiu nas súas criticas “Núñez Feijóo non pode utilizar un cargo político, como o de Delgado Territorial, para buscar a confrontación co Goberno Central. Traballen pola nosa provincia, e asuman as súas responsabilidades políticas”, resumiu.

Exit mobile version