Este xoves mantivo encontros cos alcaldes de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela; de Sarria, Claudio Garrido; e de Triacastela, Olga Iglesias, ademais de co rexedor en funcións de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, co que firmou o convenio regulador da subvención de 10.000€ que a Deputación lle concede a esta entidade; co presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores, Basilio Otero; e co presidente da Fundación de Dano Cerebral (FUDACE), da Cruz Vermella de Lugo, da Asociación Provincial de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios (APREVAR) e do Real Aeroclub de Lugo, Luis Abelleira.
O Presidente da Deputación, José Tomé, continúa a pulsar as necesidades da provincia con reunións con representantes municipais e de entidades e colectivos, tal e como vén facendo dende a conformación do Goberno
- Anterior
Este domingo é o derradeiro día da 5ª Feira do Libro de Burela. Ás 21:30 horas, antes do concerto do grupo Crooner 432 que pechará esta edición, terá lugar o sorteo presencial dun lote de libros e dunha cesta de peixe doada por Armadores de Burela entre todos os que mercaron algún exemplar desde o venres