Site icon Crónica3.com A Mariña

O Praias de Barreiros bota a andar

 Barreiros, 21 de agosto, 2019. O fútbol sala volveu ó Pavillón Municipal de Barreiros tralo parón estival, o pasado luns iniciaron a súa preparación os rapaces de Juan Antonio Fernández, que competirán unha tempada máis na Terceira División Nacional. Tras anunciar nas pasadas datas as renovacións do groso da plantilla que rematou a pasada campaña nunha meritoria novena posición no seu debut na categoría, os barreirenses deron comezo á pretempada con varios xogadores a proba e co punto de mira fixado no primeiro partido oficial que disputarán o próximo sábado 24 de agosto no Pavillón Municipal cando se enfrenten ó Xove FS (20:00 horas) na eliminatoria correspondente ós dezaseisavos de final da XXIX Copa Galicia de Fútbol Sala.
Pola súa banda o equipo senior femenino, de recente creación, iniciou a súa preparación de cara ó seu próximo concurso na Liga Provincial. Comandadas por Modesto Veiga as rapazas comenzaron os adestramentos o pasado martes e próximamente confirmarán os primeiros encontros amigables de pretempada.

Exit mobile version