Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela adianta que a Xunta de Galicia mellorará o centro de saúde de atención primaria

 Burela, 28 de agosto de 2019.- O Partido Popular de Burela adianta que a Xunta de Galicia mellorará o centro de saúde de atención primaria, polo que “unha vez máis o Executivo de Feijóo volve a cumprir co noso concello”. Nesta ocasión cunha solicitude realizada polos populares ao propio Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, na súa última visita ao Hospital da Mariña. Nesta petición fíxose eco das peticións efectuadas polos veciños para a mellora destas instalacións sanitarias.

“Así no lo trasladou o Delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, nunha recente visita á nosa vila. Dita obra terá un orzamento arredor de 75.000 euros e a mesma, que comezará pola reparación da fachada, empezará a vindeira semana”, así o asegurou Manuel Rouco.

Mentres, “o goberno en funcións do señor Llano segue a ralentín, a pesares de que el se empeña en afirmar que están a traballar duramente”. “As solucións para os problemas nos que se ve sumida Burela seguen a vir da man do Partido Popular. A semana pasada, sen ir máis lonxe, o propio Balseiro veu presentar o proxecto de mellora da estación intermodal de Burela, obra na que se van a investir 70.000 euros”. “Os 4 millóns de euros xa aportados pola Xunta de Galicia no que vai de ano para a mellora da vida dos bureleses, seguen a medrar semana a semana”, manifesta Rouco.

O PP de Burela “demostra ser, unha vez máis, un mediador eficaz e necesario en todas estas inversións de presente e futuro, reais e necesarias, para o noso pobo”.

Outros, están máis preocupados polo concelleiro en liza na mesa do Perdouro
A pesar de que o PP de Burela pode obter o seu quinto concelleiro na mesa electoral do Perdouro, subliñan que 2algúns partidos políticos empéñanse en comunicar que son eles os únicos que poden conseguir ese último concelleiro en liza tratando así de desmotivar a participación do electorado popular”.

Por outra banda, critican que os socialistas xa dean por feita a súa gobernabilidade en Burela e iso só pode suceder, advirten, “se obteñen unha maioría absoluta ou se calquera outro partido con representación na corporación lles permite prolongar o desgoberno no que está sumido o pobo”. “O único partido que garante que isto non vai a suceder é o PP de Burela”, conclúe.

Exit mobile version