As campioas do I Copa de SM A Raíña encamiñaron a cita nos primeiros compases, con diana da artilleira Peque, que xa ampliou vantaxe antes do ecuador da primeira parte. Cilene puxo o terceiro antes do descanso. No regreso á pista, Jenny Lores deu outro golpe de autoridade fronte a un rival que puido reducir distancias pouco despois. As pupilas de Julio Delgado non estaban dispostas a ceder e demostrárono coa súa finalización letal; do 1-4, en tan só un minuto ampliaron ata o 1-8, nas zapatillas de Ale de Paz, Luci, a meta Jozi e Lara Balseiro. Krupina volveu ter fortuna para mitigar o mazazo español, no 36, aínda que de pouco lle serviu. A tres minutos para o descanso foi a brasileira Jane a encargada de clausurar o triunfo co definitivo 2-9.
Ficha técnica
Laguna Uor: Navozova, Rodkina, Samaiilova, Chernova, Alemaikina, cinco inicial; tamén xogaron Margaryan, Enina, Samoilova, Krupina
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Peque, Cilene, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron Jenny Lores, Jenny, Lara Balseiro, Jane, Luci, Bea Mateos, Jozi
Goles: 0-1, minuto 2, Peque; 0-2, minuto 9, Peque; 0-3, minuto 14, Cilene; 0-4, minuto 27, Jenny Lores; 1-4, minuto 28, Krupina; 1-5,minuto 29, Ale de Paz, 1-6, minuto 29, Luci; 1-7, minuto 29, Jozi; 1-8, minuto 30, Lara Balseiro; 2-8, minuto 36, Krupina; 2-9, minuto 37, Jane
Árbitros: Luigi La Sorsa (Milano) // Silvia Volonterio (Como)
Incidencias: Primeira semifinal do 4 Nations Futsal disputada no Palazetto dello Sport de Milán