Ribadeo, 29 de agosto de 2019. O Mercado dos Domingos renderalle homenaxe ao tomate o 1 de setembro. Haberá degustación deste produto da horta e tamén música, entre outras actividades.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o Mercado dos Domingos de Ribadeo quere continuar apostando pola alimentación saudable, sostible e polo produto de proximidade e nesta ocasión quere dedicarlle un día ao tomate. Ese produto do que existen moitas expresións coma Toma Tomate ou Aquí hai tomate e que deixa constancia da enorme popularidade deste produto, base culinaria de moitas das nosas receitas e que no verán está no seu máximo esplendor”.
O edil ribadense contou que “o 1 de setembro o Mercado dos Domingos acollerá a celebración de Toma Tomate, na que ademais da venda directa dos produtores e produtoras que cada domingo acoden ao mercado haberá diversidade de actividades nas que o tomate será o protagonista. Así desde primeira hora poderemos gozar cunha mostra das diferentes variedades do tomate. ás 11:30 horas dará comezo dentro do espazo Experiencias do Mercado unha actividade que denominamos Cociña&Tomate: Viaxe á historia do tomate & Degustación. E tamén teremos música en directo con Vudú a partir das 12:30 horas”.
O Mercado dos Domingos de Ribadeo renderalle homenaxe ao tomate o 1 de setembro. Haberá degustación deste produto da horta e tamén música, entre outras actividades
- Seguinte
Este domingo é o derradeiro día da 5ª Feira do Libro de Burela. Ás 21:30 horas, antes do concerto do grupo Crooner 432 que pechará esta edición, terá lugar o sorteo presencial dun lote de libros e dunha cesta de peixe doada por Armadores de Burela entre todos os que mercaron algún exemplar desde o venres