Mi vida es un poema é un recompilatorio de poesías encamiñadas a explicar a pais, nais, educadores, amizades… á sociedade en xeral, as peculiaridades das persoas con trastornos do neurodesenvolvemento desde unha perspectiva divertida, sinxela e a veces máxica, tentando desmitificar e desdramatizar o diferente para mostrar a cara máis entrañable e tenra da discapacidade.
O acto está organizado polo Centro de Información ás Mulleres e a Escola Municipal de Música e Danza coa colaboración da Asociación Familiar de Amas de Casa de Ribadeo.