Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Provincial do PP lamenta que o presidente aínda non fixase unha reunión de traballo sobre a integración de SUPLUSA e úrxeo a convocala

Lugo, 26 de agosto, 2019. O Grupo Provincial do Partido Popular urxe ao presidente a fixar “canto antes” unha reunión de traballo para coñecer como vai ser a integración de SUPLUSA na Deputación. Os populares fan esta petición porque, tal e como destaca o representante deste Grupo na Sociedade, José Antonio García, a escasos días da Xunta Xeral, o titular da institución luguesa “nin nos convocou, nin nos deu información das condicións dos traballadores e das persoas que foron seleccionadas para traballar nas residencias”.

Deste xeito, García remarca que “é lóxico que xa se nos tivese citado e proporcionado este tipo de datos”; o que todo fai indicar, apunta, que “ao presidente lle preocupaba máis o titular que unha integración do ente mercantil”.

Por todo elo, os populares diríxense así ao responsable provincial. “O que queremos saber, en aras da transparencia e do rigor que sempre aplicamos en todos os asuntos da Deputación, é se o persoal da Sociedade e o que xa debería estar traballando nos centros da terceira idade van ter algún novo dereito neste novo proceso”, conclúe José Antonio García.

Exit mobile version