Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Popular de Viveiro traslada ao Goberno local as queixas de veciños e visitantes ante a inactividade da OMIC

 Viveiro, 13 de agosto, 2019. O Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro traslada ao Goberno local diversas preguntas sobre o funcionamento da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) tras recibir numerosas queixas por parte dos veciños e visitantes que lamentan a súa inactividade.

Os populares explican que “a OMIC leva moito tempo desatendida por falta de persoal” e esixen respostas porque “entendemos que esta oficina ofrece un servizo de gran axuda aos veciños e veciñas; pero tamén aos numerosos visitantes que, sobre todo nesta época estival, fan que a poboación de Viveiro se incremente considerablemente”.

Concretamente, dende o Grupo Municipal Popular viveirense preguntan ao Goberno local “se está operativa a OMIC que ten sede nas dependencias municipais”; e, en caso negativo, preguntan “canto tempo leva sen persoal e a que se debe esta situación”.

Os edís do PP lamentan esta “falta de interese” do Goberno local por manter en funcionamento “servizos xa implantados no noso concello”.

Exit mobile version