O Voceiro Popular Javier J. Castiñeira declarou “… Despois de visitar o centro co Director, creemos que é o momento de abordar unha reforma integral do edificio de bacherelato que xa ten máis de 40 anos, especialmente necesarias serían; segundo conversamos co director , obras na de illamento térmico, impermeabilización, cambio de carpintería exterior e melloras para o fomento do aforro enerxético na fachada, ademais obras do interior como reposición dos baños e adaptación de novos espazos, ainda que quen debe valorar esas circunstancias son os responsables da unidade Técnica da Consellería de Educación co propio equipo directivo do centro…”.
Prosegue Castiñeira ”..pouco despois da reunión co director, comuniqueille ao Delegado da Xunta de Galicia, o Sr Balseiro, as demandas do máximo responsable do centro e a posibilidade de abordar ditas obras nun prazo admisible, comprometéndose a analizalo de forma exhaustiva con responsables da consellería de Educación, poñerse en contacto co equipo directivo do centro e valorar o investimento necesario e as posibilidades de finanzamento antes de tomar ningunha decisión…”
Ademais o Delegado aproveitou a conversación para informar ao grupo municipal do Partido Popular de Foz; dado que se interesou polo tema, e tal e como se prometera no mes de xaneiro ao anterior goberno municipal que en próximas datas se iniciarán as obras de ampliación do salón de acto e mellora da cafetería e comedor profesionais na zona de hostalería por valor de 300.000 euros, coa idea de seguir reforzando e fomentando a actividade educativa e didáctica da rama de hosteleriá do centro focense , que realiza innumerables eventos que o levan a ser unha das referencias educativas da Mariña.
Remata o voceiro popular “Nós seguimos traballando en verán para mellorar o noso pobo, proba delo é que para reforzar a demanda que o director do IES de Foz lle mostrou ao Partido Popular na súa visita ao Centro e para mostrar o noso compromiso coa comunidade educativa, comprometémonos a presentar no próximo pleno unha moción na que instaremos á Xunta de Galicia a abordar dita reforma integral do edificio de Bacherelato e que esperamos sexa aprobada pola unanimidade de todos os grupos….”