Todas as pezas incluídas no repertorio desta actuación foron interpretadas por primeira vez pola Banda de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez. Mentres se proxectaban nunha pantalla xigante fragmentos das películas ás que pertencen os temas tocaron músicas de The pacific, O mago de Oz, Apollo 13, As crónicas de Narnia, A sirenita, Os miserables, O libro da selva e Coco. Como bis interpretaron de novo As crónicas de Narnia mentres na pantalla saían os créditos cos nomes dos músicos.
David Ballester destacou o esforzo que fixeron os músicos da Banda ribadense para preparar este concerto e agradeceu o traballo realizado polo traballador municipal Alberto Moledo e os que lle axudaron á montaxe para esta actuación.