Viveiro, 29 de agosto de 2019. Con respecto á noticia de prensa aparecida no día de hoxe, no que o PP fai alusión ao estado dunha vivenda dentro do casco histórico (Rosalía de Castro, 16), no pleno da vindeira semana contestarase detidamente os rogos e preguntas plantexadas ao respecto polo grupo municipal do PP; con todo, pódese adiantar que o concello é coñecedor da súa situación e que constan informes emitidos tanto pola Policía Local, como pola técnica da Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro e polo Vixiante Urbanístico. Xa foi incoado expediente de orde de execución e os propietarios son descoñecidos, polo que xa se publicou o correspondente anuncio no BOE. Por parte do concello vense actuando sobre os elementos que corren máis perigo para evitar desprendementos á vía pública.
Aproveitase a ocasión para explicar que precisamente hoxe se remitiu un escrito á Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para dar conta do estado de abandono das edificacións sitas en Rosalía de Castro, nº 22-Fernández Victorio, nº 17 e Fernández Victorio, s/n, tamén no casco antigo, propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Este escrito remítese tras diversos contactos telefónicos e o informe enviado o 15 de xullo de 2019 ao IGVS, solicitando que se dea cumprimento ao requirimento realizado á máxima brevidade posible e que se proceda á súa rehabilitación para o aluguer, tal e como se tiña previsto.
A Alcaldesa,
María Loureiro García