Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro está a actuar en canto ao cumprimento dos horarios de peche dos establecementos coa apertura dos correspondentes expedientes sancionadores

Viveiro,10 de agosto, 2019. Logo da reunión mantida o pasado mércores no Concello de Viveiro entre a directiva da Asociación de Veciños do Casco Antigo, a Alcaldesa e primeiro tenente de alcalde, o Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, o xefe en funcións da Policía Local e mandos da Policía Nacional de Viveiro, por parte do Goberno Local queremos manifestar que dende o Concello estase a actuar en canto ao cumprimento dos horarios de peche por parte dos establecementos coa apertura dos correspondentes expedientes sancionadores, aínda que unha amplia maioría dos establecementos cumpre cos horarios, unha minoría ten que levar a cabo as accións correspondentes para poder erradicar a problemática existente en canto a respectar os horarios, no que se refire aos niveles sonoros da música dos locais, así como en canto á prohibición aos clientes en saír á rúa coas consumicións xerando ruídos que alteran a convivencia entre os establecementos e veciños, así como a sucidade nas rúas.

É primordial a implicación conxunta para que se dea solución a esta problemática de convivencia sen que ninguén saía prexudicado.

Exit mobile version