A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “hoxe imos licitar unha obra importante para a veciñanza de Ribadeo como é a da rúa Pintor Fierros, na que imos acometer unha renovación do pavimento. Faremos un aglomerado completo de toda a súa superficie ao mesmo tempo que colocaremos nova sinalización e papeleiras. Faremos tamén un novo pintado do vieiro e melloraremos o entorno coa colocación de árbores”.
A edil ribadense sinalou que “desde o Concello intentaremos minimizar aquelas molestias que poidamos causar ás veciñas e aos veciños con esta obra, manexando un tempo de execución máximo de 2 meses. Esta obra conta cun orzamento de algo máis de 103.000 euros, que se cofinanciarán entre o Concello e a Consellería de Medio Ambiente”.
Freire Rancaño engadiu que “mañá abrirá o prazo para que todas aquelas empresas cualificadas poidan presentar as súas ofertas a través da plataforma de contratos do Estado. Terán un total de 20 días para facelo, sendo o criterio único a oferta económica máis vantaxosa”.