Cervo, 2 de agosto de 2019. O Concello de Cervo convida a gozar do III Festival Folklórico Infantil que se celebrará en San Cibrao, na Praza dos Campos, o sábado 3 de agosto, da man do Grupo Mistura de Liero
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros da asociación e compoñentes da sección infantil.
Na cita, que comezará ás 19:00 horas, participarán O Feitizo (Foz, Lugo), Garrulaxe (Cecebre, A Coruña), Coros y Danzas Virgen del Socorro (Tíjola, Almería) e o anfitrión, o Grupo Folklórico Mistura de Lieiro.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixo “felicitar ao Grupo Mistura polo traballo que están a facer a prol da Cultura Galega, achegando o noso Folklore ás novas xeracións, velando así pola súa conservación como ben patrimonial que é”.
Pola súa banda Caramés apuntou que agardamos que todo o Pobo participe nesta actividade e asista a ver un espectáculo “que é un intercambio cultural único que nos ofrece a oportunidade de ver en directo o talento de diferentes agrupacións infantís, aos que animamos a desfrutar do noso municipio e de todo canto Cervo pode ofrecer”.