Unha amplia variedade de sectores e artigos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán mercar verdadeiras gangas, unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.
O éxito das pasadas edicións, e grazas á colaboración do Concello de Viveiro, fan posible que un ano máis se poda levar a cabo esta Feira de Stocks. Debido a afluencia de visitantes nestas datas á vila e tódolos clientes locais que xa coñecen a feira, fannos pensar que outro ano máis será un éxito de ventas.
O horario da Feira será de 11 a 14 horas e de 18 a 21:30 h durante os tres dias.