Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG urxe ó goberno local de Burela a dar unha solución alternativa para a grada do campo de Fútbol da Marosa

Burela, 9 de agosto, 2019. O BNG de Burela ven de constatar o estado no que se atopan as instalacións deportivas da Marosa, tras reunirse con directivos da SD Porto de Burela. Existen dous frentes abertos, un relativo á situación da grada na que se atopan os vestiarios do propio campo de herba natural, da que caen cascallos e na que se observa a acción corrosiva da salitre. “Trátase dunha urxencia que o concello ten que solucionar, dando unha solución á SD Porto de Burela, ó tecido deportivo e ó conxunto da veciñanza, posto que se trata dunha instalación municipal” recordou Mario Pillado, voceiro do BNG. “Según nos informaron existe un informe que avala o peche da grada, documentación que xa solicitamos no concello para o seu análise. Pero isto non pode quedar so no peche da grada, o que conlevaría o peche tamén dos vestiarios e almacéns que utiliza o clube, ten que haber unha solución alternativa mentres non se arranxa a grada para que podan traballar con normalidade” sinalou Pillado.

Existe un deterioro extraordinario das instalacións polo total abandono e falta de mantemento por parte do concello.

Os nacionalistas tamén poideron comprobar a situación xeral de toda a instalación, en total deterioro pola falta de mantemento. “É algo vergoñento que o concello teña unha persoa contratada para o mantemento do campo de herba natural e exista un contrato de mantemento cunha empresa externa para o campo de herba artificial, para logo ter as instalación totalmente abandonadas: portas que caen, o peche erosionado e roto, non se repoñen nin as redes, pintura por riba do óxido…Non se pode entender” espetou o voceiro do BNG, quen continuou decindo que “por este motivo tamén solicitamos acceso ó contrato de mantemento que se formalizou cunha empresa externa, para velo grado de cumplimento do mesmo”.

Para finalizar dende o BNG recórdanlle o gobernó local, encabezado polo señor Alfredo Llano, que “non se atopan de vacacións, teñen que seguir traballando e xestionando á veciñanza de Burela e neste caso deben cumprir coas súas obrigas porque se trata dunha instalación municipal” finalizou Mario Pillado.

Exit mobile version