Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro insta ao Goberno Municipal a pór en marcha as medidas de emerxencia climática aprobadas o pasado pleno

Viveiro, 22 de agosto, 2019. Unha das medidas incluídas na emenda de adición presentada polo BNG á moción do PSOE sobre o recoñecemento do estado de emerxencia climática que foi aprobada no pleno de xullo cos votos a favor da oposición e coa abstención do PSOE e Son Viveiro, foi a de potenciar campañas de cocienciación desde o Concello.

A celebración da Romaría do Naseiro preséntase como unha boa ocasión para pór en valor as medidas propostas polo BNG sobre o cambio climático, perfecta para comezar coa campaña de concienciación a prol da redución, reutilización e reciclaxe de resíduos co obxecto de evitar a contaminación por incineración ou vertido, dada a gran cantidade de lixo que se xera pola gran influencia de asistentes durante os días da celebración da romaría, como tamén nos días que non son de celebración pero que tamén forman parte da mesma, como son as de montaxe e desmontaxe das cabanas ou casetos .

Exit mobile version