Foz, 22 de agosto, 2019. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, xunto a membros da protectora de animais, técnicos e persoal da empresa adxudicataria, visitan o terreo onde, en breves, se vai comezar a construír a nova instalación para acoller aos animais abandonados do concello.
Estas novas instalacións para a protectora de animais son unha vella reclamación tanto dos voluntarios e voluntarias que atenden as instalación existentes como do PSOE de Foz, posto que as actuais, situadas no porto de Foz, fai tempo se quedaron pequenas e non reúnen as condicións de seguridade e benestar que merecen os animais recollidos nelas, e foron demandadas á anterior corporación en diferentes ocasións.
Esta nova instalación para acoller animais abandonados lévase a cabo con fondos da Deputación de Lugo, que tras a firma de un convenio co Concello de Foz, no pasado mes de novembro, comprometeuse a aportar 90.200 euros e o Concello 38.009 euros os terreos e proxectos técnicos e permisos necesarios para a execución da obra.
“Satisfácenos moito que por fin se vaia a construír, cerca do punto limpo en Vilaronte, as nova canceira para acoller á protectora de animais, xa que o lugar que actualmente utilizan non é o adecuado nin pola ubicación, nin polo estado que presenta. Xa esta adxudicada a obra e comezará proximamente a construción da canceira. Agardamos que os animais e os seus coidadores poidan facer uso das novas instalacións o mais pronto posible”- refire Fran Cajoto
“O novo refuxio de Foz situarase nunha parcela municipal de máis 13.000 metros cadrados, no polígono 3 do núcleo de Vilaronte, na parroquia de Mañente, onde actualmente tamén se afinca o punto limpo. Será na parte sur do terreo onde se constrúa o refuxio, estendéndose uns 2.500 metros cadrados. A propia canceira terá unha ocupación en planta de 285 metros cadrados. A edificación será unha nave con estrutura metálica cuberta e inclinada a dúas augas, con zonas cubertas nas dúas direccións. As novas instalacións disporán de zona de espera, oficina, aseo con ducha e zona de baño de animais, sala de curas e sala para pequenas intervencións. A nave disporá dunha zona exterior para os animais onde se situará tamén un almacén de alimentos. Esta espazo que conectará coas propias dependencias. Dará cobizo tanto a cans como a gatos. Terá capacidade para 40 animais, cumprindo así as normativas existentes sobre benestar animal”.- remata Cajoto