O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, recibiron este xoves aos participantes no III Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, que se desenvolve ata o vindeiro domingo paralelamente á celebración da XXXV Feira do Bonito
redac
Os artistas pintarán as súas obras, que están relacionadas co mundo do mar, no muro do peirao e será o domingo a mediodía cando teña lugar a entrega dos premios aos gañadores, que contará coa presenza do actor Serxio Pazos.