Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo conta dende hoxe mesmo con talleres de realidade virtual e de experiencias inmersivas

 Mondoñedo, 27 de agosto de 2019.- Mondoñedo conta dende hoxe mesmo con talleres de realidade virtual e de experiencias inmersivas. Estes desenvólvense na Oficina de Turismo, en horario de 12:00 horas pola mañá, e ás 18:00 horas, pola tarde.

Deste xeito, con esta iniciativa, impulsada pola entidade local, preténdese ofrecer máis alternativas lúdicas a veciños e visitantes que durante estes días acoden á cidade mariñá. A alcaldesa, Elena Candia, quen xa supervisou o funcionamento da actividade, anima á participación, pois “é unha boa opción para desfrutar do noso Mondoñedo dunha forma diferente”.

Os talleres pretenden facer máis doado e accesible a todos as novas tecnoloxías; unha iniciativa, explican a rexedora e o edil de Cultura -Alberto García-, “para loitar contra a brecha dixital, que sempre foi o noso reto”.

Exit mobile version