En concreto estará cortado todo o acceso rodado na Avda. da Mariña, Rúas Aduana, Campos, Torno, Beiramar, Caosa, Hospital, Miramar, Anxuela, Coto e Penamea; Prazas do Lugar e Penal; e Zona do Porto de Arriba. Estes cortes terán a excepción dos vehículos con pase, de emerxencias, reparto e servizos municipais, dende o venres ás 14h.
Desde o xoves, 8 de agosto, ás 23:30 horas, estará prohibido o estacionamento na Avda. da Mariña, Rúas do Torno, Beiramar e o aparcadoiro fronte á Casa do Mar.
As persoas residentes e aquelas que acrediten ter praza de garaxe nestas zonas poden solicitar o seu pase na Casa da Cultura ata mañá xoves, 8 de agosto, en horario de 9:00 a 15:00 horas.
Tamén teñen de prazo ata mañá para solicitar os taboleiros para comer na praia, a solicitude faise na Casa da Cultura.
Durante todo o día, amenizarán a Festa polas diferentes rúas da vila Gaiteiros de San Cibrao, Os Charangos, Kilomberos de Monte Alto e a Charanga Mekánica.
Ademais, estará instalado un fotomatón na Praza dos Campos, en horario de 12:00 a 18:00 horas.
Haberá tamén diferentes talleres de artesanía na Praza dos Campos, entre as 11:00 e as 14:00 horas:
– Un obradoiro de coiro de María Jul
– Un obradoiro de mimbre de Idoia Cuesta
– Un obradoiro de cerámica de Pablo Mazoy (barro en vivo).
Os xogos tradicionais, terán lugar, como cada ano na Praia do Torno, ás 19:00 horas.
Este ano, na Maruxaina tamén se instalará na Praza dos Campos, pola mañá, un Punto Lila de información co obxectivo de sensibilizar e recordar á cidadanía que nas festas a igualdade e o respecto deben estar sempre garantizados.