Site icon Crónica3.com A Mariña

Marcha contra O Cancro Covas – Celeiro 2019

 Viveiro a 5 Agosto de 2019.- A delegación da AECC de Viveiro informa que o próximo Xoves 8 de Agosto organiza un ano máis “ A CUESTACIÓN ANUAL PARA A OBTENCIÓN DE DONATIVOS DESTINADOS Á LOITA CONTRA O CANCRO ” para elo colocaranse sete mesas de cuestación situadas nos seguintes puntos da localidade:
 COVAS ( A FONTE)
 CANTARRANA ( DIANTE DE ÓPTICA REGO)
 HOTEL URBAN- ARENAL ( DIANTE DA PERFUMERÍA ARENAL)
 PLAZA DA FONTENOVA
 PLAZA DE PASTOR DÍAZ
 PESCADERÍA ( DIANTE DO RESTAURANTE O MURO)
 CELEIRO ( COFRADÍA DE PESCADORES)
Dende a delegación da AECC de Viveiro infórmase a tódalas voluntarias e voluntarios que todos os anos colaboran coa AECC nas distintas mesas de cuestación, que este ano non se enviarán as cartas-saludas que acostumábanse a enviar por correo postal. É por elo, que coa presente publicación queremos convocar a tódalas persoas que dende fai tantos anos veñen colaborando de forma altruista e solidaria con esta boa causa, para que o próximo xoves día 8 de Agosto a partir das 10:00 da mañá acudan a ditas mesas para participar na cuestación. Agradecendo de antemán a sua inestimable colaboración.
Así mesmo queremos informar que o próximo Domingo 11 de Agosto a partir das 10:00 da mañá celebrarase un ano máis A MARCHA CONTRA O CANCRO
COVAS – CELEIRO” que partirá de ” A Fonte” en Covas para finalizar en Celeiro.
Como ven sendo xa costume nos últimos anos, realizáronse camisetas conmemorativas que xa están á disposición de aquelas persoas interesadas na sua
obtención anticipada nos establecementos colaboradores seguintes:
– Covas: Panadería de Covas
– Cantarrana: Lencería Encantos, Mercería Silvia y Perruquería Niova.
– Viveiro: Óptica Rosario, Farmacia Sara Varela, Farmacia Dolores Casariego, libraría
Porta Da Vila, deportes Don Balón, mercería Bolboreta.
– Magazos: Gasoliñera.
– Celeiro: Gasoliñeira.
– Hotel – Restaurante O Val Do Naseiro
A finalidade de todos estos actos van encamiñados a concienciar ós veciños de Viveiro e de A Mariña da necesidade de contar coa implicación de todos na loita contra o cancro.
Dende a AECC de Viveiro queremos agradecer a implicación de todas as persoas e establecementos que un ano máis fan posíbel que todos estos actos podánse levar acabo, así como ós medios de comunicación que ano tras ano colaboran na difusión das actividades que realiza a delegación da AECC de Viveiro e o Excmo. Concello de Viveiro pola sua colaboración, desexando que sea do interés de todos e un éxito de participación como en anteriores convocatorias.

Exit mobile version