A benxamín Lidia Balseiro (sub-10) facíase co trono de campioa autonómica nos 1000 lisos, nunha proba que dominou de principio a fin e na que marcou un tempo final de 3,46.
Ademáis dase a paradoxa de que Ana Vallines facíase con nen máis nen menos que con 3 trofeos en Guntín: Subcampioa absoluta provincial de milla cun tempo de 6,01; campioa xuvenil da proba popular e subcampioa absoluta da proba popular.
Ademais, subiron ó pódium na proba popular Marcos Rivas en categoría sub-20 cun tempo na milla de 5,32 e Aroa Ferreiro (sub-10) bronce na popular e 4,37.
Ademais participaron Pedro Moirón, 5º posto na popular con 4,37 e Carmen García 4ª con 4,03 nos 1000 lisos