A 10 laranxa, acompañada polo presidente, Manuel Blanco, e o fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco, quixo contaxiarnos do enérxico ambiente deste inicio de 2019-20: “En todas as pretempadas arrancamos con ilusións e ambicións renovadas, pero esta é a máis especial porque despois de conquistar o título de Copa, xa nos agarda en menos dun mes a Supercopa e a Recopa de Milán e estamos moi ilusionadas e motivadas con estes novos retos” recoñecía a mariñá, de 26 anos.
Estrea en Marín
As pupilas de Julio Delgado estrearán este domingo o calendario de amigables prepatorios; será en Marín, a partir das 17.30 horas: “Estamos nun momento importante de carga de traballo, pero temos que ir probando novidades.Temos incorporacións no equipo que se están adaptando ao noso xogo e en Marín teremos unha boa oportunidade, unha boa toma de contacto, con dous grandes rivais; o Ourense Envialia así o demostra ano tras ano e O Fisgón, de Segunda, creo que configurou unha plantilla con moitas opcións ao ascenso”, adiantaba a ala Lara Balseiro, facendo referencia á chegada das galegas Ale de Paz e Jenny Lores dende o Poio ás filas burelistas, ademais da novísima Cristina Lourés, da Fervenza.