Site icon Crónica3.com A Mariña

Este mércores o Seminario de Estudos do Valadouro presentou o seu Caderno Número 9, titulado “Os últimos días do Mariscal (o testamento e a Igrexa mindoniense)”, obra de Antón Xosé Meilán García

A obra analiza os últimos momentos da vida do Mariscal, tomando como base o testamento do mesmo recentemente descuberto. No acto, á parte do autor, estivo tamén presente Xesús Pisón, responsable da Área de Sociedade do SEVA. A sala de conferencias do Castelo do Castrodouro encheuse cun bo número de asistentes. O autor, finalizada a conferencia, asinou exemplares para os asistentes.

Exit mobile version