Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo terá lugar o III Festival Tradicional de Ribadeo. Está organizado pola Asociación Cultural Ronqueta e polo Concello

 Ribadeo, 15 de agosto de 2019. A Asociación Cultural Ronqueta xunto co Concello organizan a terceira edición do Festival Tradicional de Ribadeo que se celebrará o vindeiro domingo, 18 de agosto, ás 20:00 horas no Cantón dos Moreno (en caso de inclemencias meteorolóxicas trasladarase ao Teatro de Ribadeo).
Nesta ocasión os grupos participantes serán A. C. Santa Columba de Ribadelouro (Tui), A. C. Peleriños (Sarria), Grupo Tradicional Marbadás (Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo) e os anfitrións Cuarteto Illa Pancha.
Ás 19:45 horas as agrupacións farán un breve pasarrúas desde o Teatro ata o Cantón.

Exit mobile version