Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo é o derradeiro día da 5ª Feira do Libro de Burela. Ás 21:30 horas, antes do concerto do grupo Crooner 432 que pechará esta edición, terá lugar o sorteo presencial dun lote de libros e dunha cesta de peixe doada por Armadores de Burela entre todos os que mercaron algún exemplar desde o venres

Durante os tres días de celebración da Feira do Libro de Burela estánse a suceder as presentacións de libros de autores da Mariña. Onte, sábado, tivo lugar unha tertulia sobre O Trasno, que contou coa participación de Manuel Nebril e Emilio Legaspi. O Trasno foi unha publicación do Colectivo Cultural Buril de ámbito local e comarcal que con carácter bimensual saiu á rúa entre novembro de 1985 e maio de 1990. Numeroso público asistiu a esta cita.

Exit mobile version