Site icon Crónica3.com A Mariña

Esta semana no Vicedo: Xeoruta polo Río Sor, Torneo de tenis de mesa e Concurso de castelos de area

 O Vicedo, 19 de agosto, 2019. Esta semana ven cargada de actividades para todos os públicos. Comezamos coa xeoruta polo entorno do Río Sor, o mércores 21, a cargo do xeólogo Fran Canosa. Ao longo do val do río Sor hai agochados moitos tesouros xeolóxicos, pero en especial na contorna de Ponte Segade. Achegaremos a coñecer o lugar onde foi descuberto fai uns anos o tan codiciado “coltan” e o litio, pero tamén visitarase a falla dos Sarillos así como a fervenza de Augas Caídas. As prazas están completas pero podedes anotarvos na lista de espera no 982 59 01 95.
Tamén o mércores 21 se vai celebrar unha nova edición do torneo de tenis
de mesa, con grandes premios este ano, e para o que se poderán inscribir
un máximo de 16 participantes (maiores de 14 anos). Anotacións no 982 59
01 95.
Finalmente, o venres 23 ás 16:30h na praia de Abrela, outra actividade
clásica do verán: O concurso de castelos de area, con 4 categorías (3 a
5 anos, 6 a 10 anos, 11 a 16 anos e adultos). Haberá 2 equipos premiados
por cada categoría así que animámosvos a pasar unha tarde de venres moi
divertida na praia de Abrela

Exit mobile version